A nosa misión
VELAR POLO BENESTAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL, CON ESPECIAL ÉNFASE NO AUTISMO, OFRECENDO APOIO E ASESORAMENTO E FACILITANDO OS SERVIZOS E ACTIVIDADES AO LONGO DE TODAS AS ETAPAS DA VIDA.
Son fins estatutarios de FUNDITEA:
Apoio
Apoiar, asesorar, orientar e acompañar ás personas con discapacidade e/ou TEA na toma de decisións e no relativo a o seu benestar e á administración dos seus bens.
Xestionar recursos
Promover e xestionar recursos residenciais, de ocio e tempo libre e de rehabilitación psico-social e laboral que contribúan ó benestar ou a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
Emprego
Xerar emprego, mediante cualquera forma legal, protexido ou non, para a integración laboral das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
Normalización
Difusión social dunha imaxe positiva e normalizada do concepto de discapacidade como “diversidade funcional” tal como se define na CIF: Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde. OMS. IMSERSO. 2001.
Formación
Promover a formación nos seguintes eidos:
Investigación
Promoción e realización de iniciativas relacionadas coa investigación sobre discapacidade e especialmente sobre o Trastorno do Espectro Autista, que poidan axudar na mellora da calidade de vida deste colectivo.
Profesionalización
Promover a formación de profesionais cualificados relacionados con este sector o con outros ámbitos, particularmente os que teñen unha maior influencia na calidade de vida destas persoas (escolar, sanitario, empresarial...), así como doutras persoas que desexen máis formación sobre estes aspectos.
Formación
Formación social, laboral e académica de persoas con discapacidade, con especial atención a persoas con TEA.
Orientación
Orientación laboral e social necesaria para acadar o maior nivel de integración laboral e social das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TDA.
Formación a Familias
Formación dinámica e integral de las Familias
Orientación a familias
Orientación e asesoramento a familias de persoas con discapacidade, con especial interese aquelas con TEA, para que teñan acceso ós recursos máis axeitados ás súas necesidades
Difusión
Difusión social dunha imaxe positiva e normalizada do concepto de discapacidade como “diversidade funcional” tal como se define na CIF: Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde. OMS. IMSERSO. 2001.