Ao centro de día acuden usuarios adultos que remataron o período escolar pero seguen
precisando apoio nas tarefas da vida diaria
- Lugar de realización. Centro A Penagrande, Moraña, Pontevedra
- Horario. 10:00 a 18.00
Programa
Obradoiros de autonomía persoal, estimulación cognitiva, formación contínua, actividades de ocio e tempo libre e sempre dirixido á inclusión social e laboral
- En horario de mañán: logopedia, relax, ioga
- En horario de mediodía: facer a comida, comer , recoller, descansar
- En horario de tarde: paseo, expresión artística, musicopterapia
Metodoloxía:
PCP: Plan Centrado na Persoa
Supón un cambio de enfoque importante con respecto á programación individualizada tradicional. Consiste nun proceso de colaboración para facilitarlle ás persoas o acceso aos apoiose servizos necesarios para acadar una maior calidade de vida baseada nos seus propios gustos e valores.
Destacan 5 puntos a ter en conta (O´Brien: 2003):
- A persoa é o centro do proceso (non o familiar nin o profisional)
- A participación dos membros da familia, amigos, veciños, etc.
- Enfoque nas capacidades da persoa, non nas limitacións
- A persoa debe elexir aquelas accións encamiñadas a producir cambios na súa vida
- É un proceso continuo de aprendizaje, escoita, e acción.
Sistemas alternativos de comunicación:
- Comunicación Total de Benson Shaeffer.
- PECS (Picture Exchange Comunication System) Comunicación mediante
pictogramas. - Fala signada.
ECA: “Emprego con apoio
«Emprego con apoio» (Paul Wehman: 1987) é definido como: «emprego competitivo en
contextos integrados para aqueles individuos que tradicionalmente non tiveron esta
oportunidade, utilizando monitores laborais preparados adecuadamente».
Trátase de formar os usuarios para que poidan desenvolver un traballo no mercado laboral
ordinario acompañados de monitores laborais.
Este programa arriba descrito recibe subvencións periódicas de Diputación de Pontevedra e Xunta de Galicia pero non cubren o alto custe debido á profesionalización do persoal e sobre todo o transporte que ten que atender a unha poboación moi dispersa.
Se queres colaborar con este programa, pulsa o botón DONA