A fundación Funditea ten en funcionamento dende hai varios anos o “Programa de rehabilitación en centro de día no rural para persoas con autismo” que conta con financiamento da Deputación de Pontevedra.
No ano 2024 a Deputación de Pontevedra concedeu de novo financiamento para este proxecto dentro da Convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fin de lucro para actuacións no ámbito social.
Este proxecto de Funditea ten como obxectivo mellorar as capacidades e habilidades cognitivas e de comunicación das persoas beneficiarias, usuarias do servizo de centro de día en A Penagrande, Moraña