Historia de Funditea
ESTA Á HISTORIA CRONOLÓXICA DA NOSA FUNDACIÓN
A Fundación cambia parcialmente a súa denominación e fin social para adaptarse á Ley 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica. Desaparece a figura da tutela e faise énfase en crear os apoios necesarios para que a persoa con discapacidade desfrute dunha vida plena con plena capacidade xurídica.
Primeira familia que expresa en testamento a vontade de que á súa falta a fundación asuma a tutela da persoa con diversidade funcional
Creación da fundación co obxectivo de asumir a tutela das persoas con diversidade funcional que o necesiten e o soliciten, e tamén nun concepto máis amplio, de orientar ás familias e titores en todos aqueles trámites xurídicos ou de calquera outra natureza e ofrecer ou crear os servizos de apoio necesarios para acadar unha maior calidade de vida deste colectivo.