¿Que facemos?
Actividades que facemos
Centro de día
- Lugar de realización: Centro A Penagrande, Moraña, Pontevedra
- Horario. 10:00 a 18.00
Programa:
Formación contínua, logopedia, relax, ioga, cociñar, comer, descansar, camiñar, expresión artística, musicopterapia.
Enfoque:
PCP: Plan Centrado na Persoa
Atención a persoas con TEA no rural
Obradoiros de autonomía persoal, estimulación cognitiva, inclusión social e laboral.
Actividades de ocio e tempo libre
Colonias de verán
Estancia con pernocta no mes de agosto Rehabilitación psico-social
Difusión dunha imaxe positiva sobre a discapacidade
Entrevistas en prensa, radio e tv
Fortalecimento da área de fundraising
Actuacións Xurídicas
Levar a cabo cantas actuacións xurídicas, administrativas o doutra índole que pudera exigir a protección do interés vital das persoas con discapacacidade e especialmente aquelas con TEA.
Buscar patrocinios
Buscar o patrocinio de empresas e doutras entidades, e establecerá a necesaria colaboración coas diferentes Administracións Públicas, a fin de promover e apoiar a creación de recursos de atención residencial, de ocio e tempo libre e de rehabilitación psicosocial e laboral, e outros que contribúan á integración social das persoas con discapacidade, particularmente aquelas con TEA.
Apoio a contratación
Asumir un papel activo no apoio á contratación e promoción de emprego de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA, así como da súa orientación e formación laboral.
Promover actividades
Promover todas aquelas actividades formativas de interese para acadar a integración social deste colectivo, tales como xornadas, cursos, simposiums, publicacións, etc.
Actividades de difusión
Apoiar e promover todas aquelas accións que contribúan a unha maior difusión social dunha imaxe integradora e normalizada.
Servicio de Ocio e tempo libre
Estancias con pernocta no Centro A Penagrande (Moraña), durante os fins de semana ao longo do ano